Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

I Festa Furancheira do Viso

Xullo 25 @ 19:00 - 23:30

Música tradicional e viño da casa na I Festa Furancheira do Viso

A comisión de festas da Teixeira do Viso organiza esta cita aproveitando o festivo do 25 xullo. A actividade arrancará ás 19:00 horas no torreiro de festas onde se habilitarán mesas e cadeiras e se servirán petiscos caseiros e viño da casa

A iniciativa xurde como unha idea para recadar fondos para as celebración da Festa da Teixeira e organiza ademais unha xornada de convivencia e música co obxectivo de que se converta nunha tradicións e se consolide de cara a vindeiros anos.

Serán os propios membros da comisión os que se encarguen de elaborar os pratos que se servirá na tarde do venres e que inclúen tortilla, empanada, zorza, pementos e orella… produtos típicos que podemos atopar nun furancho. Confían en que todo o preparado se esgote malia que, ao ser a primeira edición, descoñecen como será a resposta do público.

Un furnacho ao aire libre ao que convidan a participar a quen o desexe levando os seus instrumentos e as súas gañas de pasalo ben nunha xornada que servirá tamén apra xuntar á veciñanza.

Detalles

Data:
Xullo 25
Hora:
19:00 - 23:30