
- Este evento pasou.
Humor na súa tinta: Luis Álvaro con “El espectáculo”
Febreiro 8 @ 20:00 - 21:30
Organizado por Pares Nones Producción e o Concello de Redondela, o Multiusos da Xunqueira acollerá o próximo 8 de febreiro ás 20:00 horas o monólogo El espectáculo de Luis Álvaro, con entrada a 13 euros.
Luis Álvaro preséntase como un mestre do humor nas súas múltiples formas: negro, branco, absurdo e paradoxal. Co seu estilo único, combina a provocación, o sarcasmo e a reflexión, transitando entre o humor máis escuro e o máis surrealista. As súas actuacións son como un salto ao baleiro no que sempre cae de pé, extraendo ouro de tópicos que parecían esquecidos.
Con referencias cheas de inxenio e irreverencia, El espectáculo convídanos a rirmos desde a incomodidade e a pensar desde o absurdo. Máis aló do entretemento, é unha chamada á liberdade de expresión, un acto de resistencia política en tempos nos que o humor subversivo resulta máis necesario ca nunca.