
- Este evento pasou.
Homenaxe en San Simón
Xullo 20 @ 10:00 - 15:00
Alen Nós convida a participar da homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en San Simón
A illa acollerá o domingo 20 de xullo unha homenaxe organizada pola Iniciativa Galega pola memoria, nunha xornada que serve para lembrar ás vítimas do franquismo e homenaxear a todos aqueles presos que pasaron pola Illa entre os anos 1936 e 1943 cando San Simón foi convertida nun campo de concentración no que foron encarceradas máis de 6.000 persoas
Dende o Colectivo Alén Nós, integrado na Iniciativa Galega Pola Memoria, lembran que dispoñen de 20 prazas. As persoas interesadas poden anotarse no correo da asociación. Asoc.cult.nos@gmail.com