- Este evento pasou.
Homenaxe a Guillermo Fontán
Novembro 15 @ 13:00 - 17:00
O Colectivo cultural Alén Nós organiza este acto o sábado 15 de novembro coincidindo co aniversario do histórico activista de Redondela, Guillermo Fontán. Ademais do xantar que se celebrará no Restaurante Casas e que será un encontro de confraternidade entre todos os que o coñecen e que queiran sumarse a esta homenaxe, Alén Nós presentará un libro colectivo no que recompila textos laudatorios de persoas do mundo social, sindical, político e cultural, así como unha memoria da súa traxectoria vital “exemplo de coherencia, dignidade e compromiso social”.
As persoas interesadas en participar nesta homenaxe poden inscribirse nos teléfonos 615189257 – 616635708. O prezo é de 25 euros (xantar + libro homenaxe).