Hoxe é Domingo 14 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Festival Rebulir

Xullo 7 @ 10:00 - 22:00

Soutomaior énchese de danza co Festival Rebulir. A carballeira do Peirao de Arcade acolle o vindeiro domingo 7 de xullo a 1ª edición do Festival de Danza Contemporánea Rebulir, con presenza de compañías de renome como Elahood, Ixa e Daniel Rodríguez e actividades en paralelo con diferentes obradoiros.

O domingo 7 de xullo pola mañá, ás 11:00 h., poderemos desfrutar do obradoiro de danza contemporánea coa compañía Elahood destinado a público xuvenil e adulto e ás 12:00 a cita estará protagonizada pola compañía de Daniel Rodríguez e o obradoiro estará destinado para o público infantil e familiar.

Xa pola tarde chegará a quenda dos espectáculos: ás 20:00 poderemos desfrutar de “Intempestiva” de Elahood; ás 20:45 h. de “Ollos cara adentro” da compañía Ixa; ás 21:00 h. de “A raíz” de Daniel Rodríguez e ás 21:30 todas e todos os que o desexen poderán participar nun coloquio coas compañías participantes. Todas estes espectáculos están destinados ao público xeral.

Detalles

Data:
Xullo 7
Hora:
10:00 - 22:00