- Este evento pasou.
Festival folclórico Anaquiños
Setembro 27 @ 19:00 - 21:00
O Grupo “Anaquiños” de Chapela celebra este sábado 27 de setembro o seu Festival Folclórico que contará coa participación do grupo Rancho Típico de Ilheu de Oporto e o grupo A Legua Dereita de O Corgo chegados dende Lugo. O Grupo Folclórico Anaquiños, como organizadores do festival, participan coas distintas seccións de baile -infantil e senior- co correspondente grupo de gaitas, así como o grupo de pandeireteiras que actuarán no intermedio do festival.
O Festival arrancará ás 19:00 horas no Multiusos do Piñeiral en Chapela con entrada de balde ata cubrir as localidades. Dende a organización convidan á veciñanza a achegarse e lembran que este evento é posible graza ao convenio de intercambio de actuación que teñen acordado con outras localidades co obxecto de manter as respectivas tradicións.