
- Este evento pasou.
Festa do Choco: Pregón a cargo de “Virtudes” e Orquestra Combo Dominicano
Maio 11 @ 10:30 - 23:30
O domingo o pasarrúas da Banda de Música de Chapela comezará ás 11.30 horas, e ás 13.15 amenizará o xantar o grupo de gaitas O Carballo das Cen Pólas. A música galega e en galego seguirá pola tarde, desde as 18.00 horas, co concerto do Sonoro Maxín e o seu novo álbum “A primavera ten que ser nosa”. Trátase dun espectáculo no que conviven estilos musicais diversos que van da cumbia ao rock, pasando polo merengue, entre outras propostas. O peche porao o espectáculo da Orquestra Combo Dominicano. Esta edición contará cunha pregoeira con moito humor, “Virtudes a Repunante”. A personaxe da xornalista e humorista viguesa María Foscaldo dará o pregón ás 12.30 no recinto da feira.