
- Este evento pasou.
Festa do Choco: Orquestra Mondragón
Maio 10 @ 10:30 - 23:30
O sábado arrancará coa Carpa de Degustación aberta desde as 10:30 h en horario continuo ata o peche. Ás 12:30 h, o grupo Airiños de San Simón actuará na Carpa do Campo da Feira cunha mostra de gaitas e baile galego. Ás 16:00 h, terá lugar a Scooterada Vespartana, con saída desde a Praza de Ribadavia. Ás 20:00 h, a Rondalla de Redondela dará un concerto na Carpa do Campo da Feira. Ás 23:00 h, a Orquesta Mondragón actuará no Campo da Feira, e para rematar a noite, ás 01:00 h, Borja Rúa e Rodri Vegas ofrecerán unha sesión DJ no mesmo lugar.




