Hoxe é Venres 20 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

Festa da Ostra

Abril 4 @ 08:00 - Abril 6 @ 23:30

A festa da Ostra de Arcade celebrará a súa XXXVIII edición do 4 ao 6 de abril

O peirao de Arcade acollerá os días 4, 5 e 6 de abril unha nova edición da Festa da ostra, unha das citas gastronómicas máis destacadas da provincia e que cada ano reúne a milleiros de visitantes que se dan cita para degustar un dos productos máis emblemáticos da ría.

Durante o tres días de celebración manteranse prezos populares, coa ducia de ostra a 10 euros e a botella de albariño de Soutomaior a 12 euros. Ademais da degustación tradicional, o público poderá probar diferentes elaboracións dentro da proposta gastronómica “Os Trés”, con pratos como crocante de gamba con tartar de ostra, ostra en escabeche tradicional e ostra marinada en teriyaki sobre crema de aguacate e caviar de arenque.

A programación incluirá tamén actuacións musicais e pasarrúas. O venres actuarán as orquestras Olympus e Finisterre, mentres que o sábado será a quenda dos Satélites e A Misión. O domingo a xornada comezará cuns pasacalles da Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade, seguido do pregón ás 13:00 horas.

Como novidade, este ano os postos de degustación abrirán o venres ao mediodía, coincidindo coa celebración da Semana Santa. A organización tamén confirmou que non se celebrará a tradicional tirada de fogos artificiais tras un informe desfavorable debido á localización do evento nunha zona protexida da Rede Natura.

A programación arrincará previamente o 29 de marzo coa 7K Soutomaior e a Carreira Infantil da Ostra, e contará tamén cun programa especial de “Pensando en ti” de Radio Galega desde o Multiúsos de Arcade.

Detalles

Comezo:
Abril 4 @ 08:00
Remate:
Abril 6 @ 23:30