
- Este evento pasou.
Festa da Carne ao Caldeiro en Chapela
Maio 16 @ 14:00 - 17:00
O Círculo Cultural da parroquia celebra este venres día 16 unha cita gastronómica en torno a carne ao caldeiro. A actividade está organizada co gallo do Día das Letras Galegas e desenvolverase no salón de actos da sociedade ata completar o aforo.
O prezo do menú é de 20 euros por persoa e inclúe ademais do prato principal, viño Mencía, sobremesa, café e chupito. As persoas interesadas en asistir poden retirar o vale na cafetería do círculo.