Exposición fotográfica de Elías Regueira
Setembro 19 @ 08:00 - Outubro 14 @ 17:00
O espazo de exposicións do Multiusos da Xunqueira acolle a mostra fotográfica “Diarama” de Elías Regueira, na que recolle máis dunha década do seu traballo voluntario coa ONG redondelá Da Man en Senegal. “Diarama” significa “gracias especiais” no idioma Peul, utilizado por un grupo étnico que vive no país do oeste africano, e no que Da Man desenvolve proxectos solidarios de intervención en educación, maternidade e sanidade. A serie recolle as viaxes do deseñador e fotógrafo galego polo continente africano xunto á ONG e pretende ser un agradecemento a todas as persoas coas que o fotógrafo compartiu experiencias e proxectos. A exposición defínese por representar “a cor da alma da xente de Senegal. Intento transmitir o meu sentir de forma poética e o que é Da Man”, Sinala Regueira.
A mostra poderase visitar ata o próximo 14 de outubro no Multiusos da Xunqueira, de luns a domingo en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas.