Hoxe é Martes 27 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

Desfile de comparsas de Soutomaior

Xaneiro 26 @ 08:00 - Xaneiro 30 @ 17:00

Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no Entruido máis madrugador da comarca

O desfile de comparsas terá lugar o sábado 7 de febreiro con saída ás 17:30 horas da Rúa Calvario e percorrido polo casco urbano de Arcade ata a Alameda Talo Río, lugar no que se celebrará unha festa de entroido. Os interesados en participar no desfile deberán facer a súa inscrición antes do venres 30 de xaneiro.

As comparsas participantes deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores. O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 14 que serán seleccionadas polo Concello atendendo a unha serie de criterios que están especificados nas bases que se poden consultar na páxima web municipal.

Detalles

Comezo:
Xaneiro 26 @ 08:00
Remate:
Xaneiro 30 @ 17:00