
- Este evento pasou.
Contacontos na Biblioteca de Chapela
Maio 22 @ 18:00 - 20:00
A biblioteca do Piñeiral celebra unha nova edición dos Contos da veciñanza, un encontro veciñal arredor da narrativa oral. Unha sesión nas que as contadoras son veciñas da parroquia de Chapela que se suman a esta iniciativa que terá lugar o xoves 22 ás 18:00 horas.
Nesta ocasión as atrevidas contadoras son Rebeca e Sonia, dúas mamás da contorna que participan desta iniciativa que dinamiza a biblioteca e que anima ás familias a achegarse a pasar unha tarde de risas, diversión e literatura. Ao rematar farase algunha pequena actividade manual para compartir entre cativos e adultos.
A cita será este mesmo xoves día 22 de maio con entrada de balde.