Hoxe é Venres 12 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Concurso fotografía

Outubro 1 @ 08:00 - Novembro 4 @ 17:00

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy ten en marcha unha nova edición do seu certame de fotografía que nesta edición con dúas novidades principais. A primeira é elevar os premios ata os 1.200 euros. A segunda é a creación dunha nova categoría infantil ata os 12 anos de idade. A idea é fomentar a toma de instantáneas en familia e converter a participación no concurso nunha actividade colectiva.

O prazo de entrega estará aberto ata o vindeiro 4 de novembro e os puntos de recollida son as tendas de fotografía colaboradoras Cal-3 e Polaris, así como o Multiusos da Xunqueira, en Redondela e o Centro Cultural e Farmacia Muíños, en Cesantes. Outra opción é enviar as fotos ó Apartado de Correos 007, 36.800 de Redondela. É obrigatorio presentar as instantáneas de xeito online (obradoiro@estudoslocais.org) e tamén impreso.

Máis información e bases en www.estudoslocais.org

Detalles

Comezo:
Outubro 1 @ 08:00
Remate:
Novembro 4 @ 17:00