« Todos os eventos
Concurso de maquetas Millo Verde
Xaneiro 15 @ 08:00 - Febreiro 18 @ 17:00
Bases do Concurso
- Poden participar tódolos grupos ou solistas con residencia na Galiza que non teñan disco editado por un contrato discográfico. Tamén é posible a inscrición de artistas que publicaran singles, extended plays ou os que participasen en discos recopilatorios.
- O prazo para achegarnos as vosas propostas será dende o 15 de xaneiro ata o 1 de marzo.
- Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.
- Os traballos constarán de 3 cancións de composición propia e opcionalmente 1 vídeo ou enlace ao mesmo, acompañados dunha breve reseña biográfica en formato PDF (compoñentes, estilos, procedencia e concertos realizados).
- É imprescindible indicar o nome, número de teléfono e correo electrónico da persoa de contacto.
- Todo este material debe ser enviado ó enderezo electrónico:
maketas@milloverde.org