- Este evento pasou.
Club de arte na Biblioteca
Outubro 14 @ 18:00 - 19:30
«Tropa creativa» club de arte para a rapazada na Biblioteca Xela Arias
A iniciativa está pensada para rapaces e rapazas que teñan entre 8 e 12 anos de idade. A actividade, organizada dende as Bibliotecas municipais estará impartida pola ilustradora Nusy Lo e impartirase unha vez ao mes en horario de 18:00 a 19:30 horas nas instalacións da biblioteca de Chapela no Multiúsos do Piñeiral.
A actividade bautizada como “tropa creativa” permitirá aos asistentes coñecer movementos artísticos, curiosidades da historia da arte, artistas… e facer as súas propias propostas artísticas.
Para participar compre inscrición previa no teléfono 986-454-226, en horario de luns a venres, de 16:00 a 21:00 h.ou no enderezo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal
O club de arte celebrará a súa primeira sesión o 14 de outubro.