Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ciclo vive o teatro: Deadpan Karaoke

Abril 6 @ 20:00 - 21:00

O Ciclo Vive Teatro continúa na Programación de Inverno do Concello de Redondela coa obra ‘Deadpan Karaoke’ da Compañía Ibuprofeno Teatro ás 20:00h no Auditorio da Xunqueira e con entrada a un prezo reducido de 3 euros.

Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta: É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos? Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e expresar emoción. A través das súas accións e grazas á contextualización das mesmas dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.

Detalles

Data:
Abril 6
Hora:
20:00 - 21:00