Hoxe é Luns 8 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Campamentos dixitais

Xullo 30 @ 08:00 - 17:00

Inscrición aberta para participar nos campamentos dixitais municipais de agosto

Os campamentos dixitais, organizados dende a concellería de Novas Tecnoloxías, son de balde e desenvolveranse durante o mes de agosto orientados a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. Haberá tres quendas por idades e os participantes aprenderán a manexar drons, equipos de robótica, impresoras e escáner 3D, lentes de realidade virtual e placas de programación, entre outros equipamentos. As inscricións están abertas ata o 30 de xullo no rexsitro do Concello ou na sede electrónica (https://redondela.sedelectronica.gal/).

Trátase de campamentos dixitais dunha semana de duración con tres quendas, unha para grupo de idade. O primeiro grupo desenvolverase do 1 ao 8 de agosto e está dirixido a nenos e nenas de 9 a 11 anos. A segunda quenda, orientada a rapazada de 12 e 13 anos terá lugar do 11 ao 19 de agosto. En ambos os dous casos o horario é de 9:00 a 14:00 horas. O último grupo, do 20 ao 29 de agosto, está pensado para mozos e mozas de 14 a 17 anos e será en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Detalles

Data:
Xullo 30
Hora:
08:00 - 17:00