Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Campamento conciliación en Redondela

Maio 21 @ 08:00 - 17:00

O campamento está dirixido á rapazada con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e desenvolveranse nos meses de xullo e agosto en horario de 09:00 a 14:00 horas. A actividade realizarase en sete parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Quintela, Reboreda e Redondela.

A prestación do programa distribuirase en quincenas, con dúas quendas en xullo e dúas en agosto. Toda a documentación necesaria publicarase na páxina web do Concello, e tamén poderá solicitarse na casa do Concello ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM). As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello de Redondela do 7 ao 21 de maio de 2024.

Detalles

Data:
Maio 21
Hora:
08:00 - 17:00