
- Este evento pasou.
Asemblea Comunidade de montes do Viso
Xuño 1 @ 11:00 - 13:00
A Comunidade de Montes convoca as comuneiras e comuneiros á asemblea ordinaria o vindeiro domingo 1 de xuño ás 11 horas. Na reunión informarase de tódolos traballos que se están facendo no monte buscando a resiliencia fronte a incendios forestais e para aumentar a diversidade favorecendo illas interconexas de áreas de alto valor de conservación.
A asemblea celebrarase na antiga Escola de Tuimil e trataranse tamén os tradicionais puntos do estado de contas, altas e baixas de comuneiros/as, traballos e actuacións do pasado ano 2024 e os que está previsto desenvolver durante este 2025.