Hoxe é Domingo 27 de Xullo de 2025

Unha carreira feita de rocha: Ignacio Pérez Rey, premio ao novo enxeñeiro do ano

Ignacio Pérez Rey, enxeñeiro de minas de Redondela e profesor na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, vén de recibir o Premio ao Novo Enxeñeiro do Ano da Sociedade Internacional de Mecánica e Enxeñaría de Rochas (ISRM), un dos recoñecementos máis prestixiosos a nivel mundial neste ámbito.

Con só 37 anos, Pérez Rey destaca pola súa traxectoria en investigación, innovación e docencia, cun forte compromiso coa sostibilidade e coa transferencia de coñecemento cara ao sector industrial. Desde a súa incorporación á Universidade de Vigo, traballa no grupo GESMIN (Xestión, Seguridade e Sostibilidade de Recursos Minerais) e participa en proxectos nacionais e internacionais, como a caracterización da lousa galega ou o estudo da Pena do Equilibrio en Ponteareas. O galardón, que lle foi entregado en Noruega, recoñece tamén o valor do traballo en equipo e sitúa a Galicia nun lugar destacado dentro da enxeñaría xeotécnica a nivel global.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: