Que diferenza hai entre identidade de xénero e orientación sexual? Que significa ser unha persoa non binaria? E por que é importante respectar e comprender a diversidade sexual?
Na nosa sección con Amaturi, falamos de identidades sexuais diversas con María Ontenegro, do gabinete de sexoloxía Amaturi. Unha conversa para aclarar conceptos, romper confusións e coñecer mellor as distintas formas de vivir e expresar a identidade e a sexualidade.


