María Montenegro dende o gabinete Amaturi, achégase aos nosos micrófonos para falar de sexualidade dun xeito profesional e pedagóxic. A primeria proposta céntrase na educación sexual en primaria e secundaria. Acompañar a nenos, nenas e adolescentes para que coñezan o seu corpo, o que senten, como se relacionan e como poden convivir con respecto polos demais e por si mesmos.
Ppreguntámolle a María Montenegro por que é importante comezar a educación sexual nas primeiras etapas educativas xa a partir dos 6 anos de idade onde se fala de cuestións como os diferntes modelos de familias, a diversidade ou abordar incluso conceptos como o consentimento pero adaptados as súas idades. Unha bases que se están ben asentadas servirán para o seu correcto desenvolvemento afectivo e relacional.
Insiste “non é cuestión de adiantar etapas, senón falar de contidos básicos que favorezan como nos relacionamos cos demais”.


