A Asociación de Empresarios de Redondela impulsaun grupo de traballo de cara a planificación e promover a actividade turística no municipio. Dadas as características específicas dos municipios do fondo da ría, apostan por darlle ao sector “un enfoque comarcal” e configurarse cunha “identidade propia” dentro do xeodestino Ría de Vigo. O presidente do colectivo, Enrique Lago, pon o foco na necesidade de favorecer un turismo “sustentable, afastado das masificacións” para conservar o gran patrimonio natural da ensenada de San Simón, entre outros recursos.

Cousas de hoxe: A explosión do Challenger cumpre 40 anos
Lembramos unha das grandes traxedias da Nasa cando se cumpren 40 anos da explosión do transbordador espacial Challeger. Era o 28 de xaneiro de 1986 cando o Challenger despegaba en

