Outro mundo é posible. Obradoiro sobre liderado feminino e autoxestión.
Neste mes de marzo Redondela celebra as II Xornadas Gemma Pereira Otero Meuller e Igualdade. A primeira das citas será o venres, 11 de marzo, co obradoiro “Dez claves para emprender. Liderado feminino e autoxestión”. Patricia Rodríguez e Heidi Vander Biest son as encargadas de impartilo. Será cunha mesa redonda, de xeito participativo e dinámico na que se reflexionará “sobre os valores e habilidades necesarias para alcanzar os nosos proxectos”. Contarán coa historia persoal de dúas mulleres emprendedoras cuns perfís moi diferentes, que explicarán as barreiras que tiveron que superar e que habilidades lles axudarona avanzar na consolidación do seu proxecto. A cita é na Casa da Cultura, Praza de Figueroa, ás 19.00 horas. A participación é de balde, pero precisa inscrición previa no correo felizmente.coach@gmail.com ou a través do código QR
Alba López Paredes é a escritora da fascinante triloxía Nándidor. Desde Puertollano, Alba conquistou a miles de lectores coas súas historias de fantasía e ciencia ficción, e agora vén a
Celebramos o Día Internacional do Xogo Infantil, 11 de xuño. Unha data que subliña a importancia do xogo como unha ferramenta clave para o desenvolvemento, a creatividade e a aprendizaxe
A canción escrita por Paul McCartney e popularizada mundialmente polos Beatles cumpre 60 anos. Manuel Álvarez Moreira cóntanos a historia que hai detrás dun tema mundialmente coñecido, reinterpretado por numerosos
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.De acordo