Hoxe é Sábado 21 de Xuño de 2025

Outro mundo é posible: O SLG denuncia o intento da Xunta de impedir a participación social no Consello da Minaría

Ao coñecer a intención da Xunta de Galicia de expulsar ás organizacións de defensa da natureza e comunidades de montes do Consello da Minaría a través da Lei de Acompañamento de Orzamentos 2025, ADEGA, Amigas da Terra, Confraría de Pescadores de Noia, Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega, Fundación Montescola, Greenpeace, a Organización Galega de Comunidades de Montes, Plademar Muros-Noia, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia reuníronse cos diferetnes grupos do Parlamento galego para “demandar a retirada inmediata desta medida sen precedentes”. Falamos con Margarida Prieto sobre os resultados desta reunión e o proceso a seguir, ademais da última información sobre a macrocelulosa que Altri pretende instalar na Ulloa.

As Plataformas Ulloa Viva e En Defensa da Ría de Arousa (PDRA) anunciaron a manifestación nacional que o vindeiro 15 de decembro percorrerá as rúas de Compostela até o Obradoiro co lema “A Xunta non pode calar todo un país”. Os presidentes das dúas plataformas, Marta Gontá e Xaquín Rubido, acompañados polos representantes de colectivos sociais que apoian a manifestación, aseguraron que esta mobilización será “un clamor” contra a macrocelulosa que a empresa Altri quere construír en Palas de Rei e que está a tramitar “cunha alfombra vermella” a Xunta de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Onda Torrella: Rock Redondela

Nunha nova entrega do podcast musical da radio municipal “Onda Torrella”, temos o pracer de contar con Juanin Barreiro de Perfectos Estraños, Juan Álvarez de Retroblues e Fran Iglesias de

Escoitar audio »
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: