A piques de aprobarse o PXOM de Vigo a veciñanza de Bembrive mantén a súa loita contra as obras do túnel da autovía A-52 que consideran “innecesario”. Rexeitan a construción desta infraestrutura que supondrá un investimento superior aos 300 millóns de euros “cando a liberación da peaxe da autoestrada que vai en paralelo sería unha opción máis lóxica”. Denuncian que esta actuación conlevaría un grave impacto ambiental e social nesta zona rural de Vigo. Roberto Estévez, presidente do colectivo Bembrive en Pé, sinala que o modelo de “piche e formigón dos anos 80 está esgotado” e que as políticas do século XXI deberían camiñar cara unha mobilidade “máis sostible” e cun transporte público “eficiente e útil” para a cidadanía que permita reducir o uso do vehículo particular.

Carreira de fondo: Miguel Coubas emprendedor e soldador
Escoita o novo episodio de Carreira de Fondo con Miguel Coubas Miguel Coubas, redondelán cun percorrido laboral cheo de cambios e experiencias, contou nunha entrevista a súa traxectoria—dende o FP

