Ecoloxistas en Acción Galiza denuncian ante os ministerios de traballo e educación que a Xunta desvía fondos PRTR para financiar a Cámara Oficial Mineira. Cristobal López, membro e responsable da asociación, explica a situación desta denuncia e aposibilidade de levalo aos xulgados. Falamos tamén dunha das últimas conquistas, pois conseguiron que a empresa propietaria da mina de San Finx fora imputada por delitos contra o medio ambiente.

Carreira de fondo: Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Gráfica Publicitaria
Nunha nova entrega da sección Carreira de Fondo acompáñanos Lucas Pellicer Ruibal ou @madebylupe en instagram, exalumno do ciclo de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño en Gráfica Publicitaria