Imaxe de arquivo das Pandereteiras de Mens | MUSEO DO POBO GALEGO
Nunha nova entrega da sección “Outro mundo é posible” temos o pracer de contar con Xurxo Martínez, responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, doutor en Filoloxía Galega, escritor e firme defensor da nosa lingua. Xurxo está aquí para falarnos do Día das Letras Galegas 2025, dedicado á poesía popular oral e ás cantareiras, que mantiveron viva a esencia do galego a través da música e da tradición.

O Día das Letras Galegas 2025, que se celebra o 17 de maio, está dedicado á poesía popular oral e, en particular, ás cantareiras, personificado en sete mulleres galegas: Adolfina Casás Rama e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), e as Pandeireteiras de Mens (Prudencia Garrido Ameijende, Asunción Garrido Ameijende, Teresa García Prieto e Manuela Lema Villar) de Malpica de Bergantiños. Esta é a segunda vez que se fai un recoñecemento colectivo, tras a homenaxe aos trobadores medievais en 1998. A Real Academia Galega (RAG) destaca o papel das mulleres na transmisión da lírica oral, que Ascensorio, que mantivo viva a lingua galega a pesar das prohibicións.
A RAG subliña que as cantareiras foron esenciais para manter viva a lingua galega, transmitindo poesía e cantigas de xeración en xeración, especialmente nun contexto de prohibicións. Este recoñecemento conecta co novo folk galego de artistas como Tanxugueiras, Faia Díaz ou Fillas de Cassandra, que revitalizan esta tradición.