A ONG para o desenvolmento Da Man, con sede en Redondela, prepara unha nova viaxe a Senegal. O próximo sábado un grupo de 9 persoas entre sanitarios e voluntarios viaxarán aos poboados nos que traballan en colaboración coa poboación local. Ademais dos tratamentos médicos, tamén realizarán outros proxectos como a instalación de puntos de luz con placas solares. A escola, na que contan con máis de 120 alumnos é outro dos logros de Da Man “grazas á solidariadade de moita xente que colabora con nós”, sinala Pilar Martínez, a presidenta. Xunto con Cruz Bastos, que formará parte da expedición, estivo hoxe nos micrófonos de Radio Redondela para falarnos destes proxectos.

Cousas de hoxe: A explosión do Challenger cumpre 40 anos
Lembramos unha das grandes traxedias da Nasa cando se cumpren 40 anos da explosión do transbordador espacial Challeger. Era o 28 de xaneiro de 1986 cando o Challenger despegaba en

