Os colectivos ecoloxistas defenden que para a transición enerxética debe ser xusta non só a nivel ambiental, senón tamén social. Como alternativa aos grandes parques eólicos propoñen comunidades enerxéticas onde a sociedade sexa a propietaria dos recursos, e non as grandes multinacionais. A normativa europea xa o promove, pero falta información e axudas por parte das administracións autonómica e central. Para falar das alternativas que existen e da importancia de que as Comunidades de Montes se impliquen neste proceso Amigas da Terra organiza a “Fagamos Nosa a Enerxía: que ninguén quede atrás!”. Será este sábado 28 de xaneiro en Mos, no Centro Sociocultural As Pedriñas. Cóntanos todos os detalles Raquel Rodríguez.

Cousas de hoxe: A explosión do Challenger cumpre 40 anos
Lembramos unha das grandes traxedias da Nasa cando se cumpren 40 anos da explosión do transbordador espacial Challeger. Era o 28 de xaneiro de 1986 cando o Challenger despegaba en

