Hoxe é Domingo 15 de Xuño de 2025

Outro mundo é posible. Casa da Fonte: da granxa á mesa.

A estratexia “Da Granxa á Mesa” da UE ten por obxectivo que os alimentos de Europa sexan máis saudables e tamén máis sustentables, dando un impulso á produción ecolóxica. Isto é o que elevan facende desde hai anos na granxa Casa da Fonte, no municipio lucense de Pantón. O seu propietario, Xosé García Freire, optou por comercializar directamente os seus produtos (leite, iogur, queixo, manteiga, porco celta, ovos e polo). Todo se produce a través dos principios da agricultura rexenerativa, o que contribúe á mellora do medio ambiente e tamén ao benestar dos animais. Na granxa, ademais de darlle valor engadido aos seus produtos, tamén reciben visitas de escolares e colaboran con programas de voluntariado.

Escoita aquí a entrevista completa con Xosé García Freire, da granxa Casa da Fonte
Os produtos de Casa da Fonte véndense na propia granxa, en pequenas tendas e pronto por internet.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Cousas de hoxe: Yesterday

A canción escrita por Paul McCartney e popularizada mundialmente polos Beatles cumpre 60 anos. Manuel Álvarez Moreira cóntanos a historia que hai detrás dun tema mundialmente coñecido, reinterpretado por numerosos

Escoitar audio »
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: