Nunha nova edición de “outro mundo e posible” achegámonos ao traballo da Asociación de Profesionais de Centros de Información á Muller (ASOCIM). Falamos con Montserrat González, presidenta da entidade, para falar da importancia e o foco posto por parte da asociación nos Centros de Información á Muller no rural e na violencia dixital. Preto do 25N é importante lembrar o valor dos CIM e o seu desempeño por facer do mundo, un mundo máis igualitario e mellor.

Cousas de hoxe: A explosión do Challenger cumpre 40 anos
Lembramos unha das grandes traxedias da Nasa cando se cumpren 40 anos da explosión do transbordador espacial Challeger. Era o 28 de xaneiro de 1986 cando o Challenger despegaba en

