Co gallo da celebración do Día da Diversidade Funcional, a asociación Andaina premia á entidade social e deportiva ASDAN. Levan case dez anos organizando actividades deportivas e de ocio co obxectivo de acadar “a integración total”. A maioría dos seus usuarios son de Redondela, e practican disciplinas como o fútbol sala, natación, pádel, ciclismo, baloncesto ou atletismo. Tamén organizan actividades de sendeirismo e ofrecen xornadas de “respiro” para as familias. Hoxe falamos co seu presidente, Francisco Javier Somoza Pires, quen demanda máis axuda económica das administracións.

Cousas de hoxe: Os “Ninjas”
No calendario atopamos conmemoracións do máis curiosas. No espazo “Cousas de hoxe” botamos man das máis sorprendentes como a que se celebra o 5 de decembro “O día do Ninja”

