Hoxe é Venres 20 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: ADEGA – microplásticos vertidos nas costas galegas

Miguel Leirós é o responsable da delegación de ADEGA en Vigo e pon en coñecemento que, dependendo das correntes mariñas, os pellets acabarán chegando ao interior da ría e afectarán a un maior número de praias co paso dos meses. Destaca a zona de Cesantes como un punto de acumulación de residuos da enseada. Cabe esperar todas las posibilidades e “por iso hai que apelar os Concellos que aínda non deron aviso de praias afectadas a establecer un estado de pre-emerxencia”.

Desde ADEGA lamentan “comprobar unha vez máis como ante novos episodios de contaminación mariña das nosas costas, as administracións públicas seguen mirando cara a outro lado, exercendo unha clara deixazón de funcións, que volve a poñer nas mans da cidadanía a responsabilidade de protexer e coidar a nosa contorna litoral”. #NuncaMáis

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Farmacia de garda: a menopausa

Andrea Domínguez e Carla González, famaceuticas de Redondela e Chapela pasan polos nosos micrófonos para falarnos da menopausa, unha etapa pola que pasan as mulleres e que precisa de ser

Escoitar audio »