Hoxe é Luns 9 de Xuño de 2025

Outro mundo é posible: 120 km de ilusión

Entrevista completa sobre a iniciativa con Antonio Figueroa e Jesús Amoedo.

O vindeiro 7 e 8 de xuño, o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) será o punto de partida dun reto solidario que unirá Ourense e Vigo nun percorrido de 120 km por carreiros de montaña, co obxectivo de recadar fondos para a investigación do cancro infantil e apoiar ás familias afectadas. Esta iniciativa, impulsada por Antonio Figueroa e Jesús Amoedo, dúas persoas marcadas pola experiencia persoal co cancro, busca visibilizar a loita contra esta enfermidade e render homenaxe ás familias que percorren longas distancias para recibir tratamento.

Antonio e Jesús achegáronse a Radio Redondela como representantes, pero detrás deles hai outras moitas persoas que comparten a organización da iniciativa.

Únete ao reto

O reto solidario de 120 km é moito máis que un desafío físico; é un acto de esperanza e solidariedade. Tanto se decides camiñar, correr, pedalear ou simplemente doar, cada paso conta para que ningún peque quede atrás. Podes sumarte o 7 e 8 de xuño ou colaborar a través das doazóns en Colabora Sant Joan de Déu. Como di Antonio: “Son 120 km cargados de ilusión”. Porque xuntos, podemos transformar os quilómetros en esperanza.

Instagram: @120_km_de_ilusion

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: