Fotos de Quino/ Cal 3
O programa Onda Torrella, emitido en Radio Redondela o 5 de xaneiro, pecha o 2025 cun especial festivo conducido por Fon Conde e Alicia Tizón. Nese episodio, ambos fan un repaso polos convidados e convidadas que pasaron polo programa ao longo do ano e selecciona unha ducia de temas musicais que funcionan como panxoliñas modernas, mesturando tradición galega con versións inesperadas e cancións contemporáneas de Nadal.
Playlist do Especial Ano Novo / Onda Torrella:
- Os Cempés – Canto de Reis e Panxoliña de Neda (clásico canto de Reis galego)
- Rondalla Santa Eulalia de Mos – Versión de Thunderstruck (AC/DC) con gaitas e percusión tradicional
- Brassica Rapa, Antía Muíño e Mondra – Oliveira Ardendo (adaptación solidaria con Palestina baseada en Berrogüetto)
- Bleachers – Merry Christmas, Please Don’t Call
- The Pogues (feat. Kirsty MacColl) – Fairytale of New York
- The Smashing Pumpkins – Christmastime (do álbum A Very Special Christmas 3)
- Juventude – Los Reyes Magos
Un programa cheo de música variada, conversas e espirito festivo para comenzar o 2026 con boa onda!


