Hoxe é Venres 5 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luana Oribe: makeup artist do audiovisual galego

Entrevista completa con Luana Oribe.

Luana Oribe, makeup artist orixinaria de Santiago de Compostela e afincada en Vigo, comparte a súa traxectoria nun mundo cheo de transformacións e creatividade. Formada na Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV), Luana explica as múltiples facetas do seu oficio e revela como é a escola dende dentro. Na conversa en audio, dispoñible na web, pódese escoitar directamente a súa voz e coñecer mellor o que se estuda e como se aprende nesta profesión tan dinámica.

A decisión de mergullarse na maquillaxe non foi doada en Galicia. “Custoume atopar opcións. Na internet, só vía opcións en Murcia ou Madrid, pero mudarme era un gasto importante”, explica. Tras rematar o bacharelato, Luana decidiu traballar para aforrar e explorar alternativas. Foi entón cando atopou a EISV, un centro privado en Vigo especializado en temas audiovisuais. “Estaba cerca de casa e incluía imaxe e son con unha parte de maquillaxe e caracterización. Preferín quedarme por aquí”. O curso, que dura dous anos, foi interesante: o primeiro ano céntrase en fundamentos como o maquillaxe social –o máis natural, para o día a día ou eventos–, perruquería e introdución á prótesis. O segundo afonda en efectos especiais, debuxo aplicado a bocetos de personaxes e deseños para rodaxes. “Non é só o que se pensa: cando un escoita ‘escolas de imaxe e son’, imaxina cámaras ou fotografía, pero non a maquillaxe. É un traballo moi creativo, de artista”.

Que é exactamente a maquillaxe para Luana? “Pode abarcar moitísimas facetas. Hai xente dedicada ao maquillaxe social, ese que se coñece como ‘maquillaxe’ natural, para o cotidiano ou ocasións especiais. Pero tamén está a parte de efectos especiais, máis relacionada co cinema e o teatro, onde cambian as técnicas para conseguir acabados diferentes, alterar o aspecto dunha persoa ou crear cambios que fagan que as rodaxes queden como se quere. Ao final, é un oficio cheo de creatividade, onde podes transformar aparencias”.

Hoxe, Luana Oribe dedícase ao cinema e o audiovisual. Colabora en videoclips e proxectos con diversos artistas, creando pezas que mesturan técnica e imaxinación. “É o que me apasiona: ver como un simple toque pode contar unha historia”, di.

INSTAGRAM: @luanazzmua
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp