En pleno pico da gripe, con infeccións respiratorias que copan as urxencias e que poderían ir a máis nas vindeiras semanas -principalmente coa chegada das reunións do Nadal- achégase aos micrófonos da Radio Municipal María Sobral, da Farmacia Rita Pereira para falarnos da enfermidades respiratorias agudas que marcan as patoloxías máis comúns no inverno.
Catarros, gripe e Covid son as tres enfermidades que arrastra a poboación a esta altura do ano e que deixa síntomas como febre, toses, dor de cabeza, de gorxa, malestar xeral e dor nas articulacións….
Un ano que se anuncia complicado porque se espera unha gripe especialmente forte. As recomendacións pasan por vacinarse e seguir unha dieta rica en vitaminas, especialmente en vitamina C. Lavarse as mans con frecuencia é outro dos consellos que a farmacéutica María Sobral nos deixa para tentar evitar caer enfermos nesta época.
O resto dos consello e recomendacións podemos escoitalos nunha nova entrega do podcast Farmacia de garda.


