Andrea Domínguez e Carla González, famaceuticas de Redondela e Chapela pasan polos nosos micrófonos para falarnos da menopausa, unha etapa pola que pasan as mulleres e que precisa de ser visibilizada e desigmatizada así como abordada dende diferentes ámbitos.
Un período que en moitas ocasións iniciase dez anos antes – a chamada perimenopausa- con síntomas variados que van dende os sufocos, o aumento de peso, o insomnio, dores articulares… que afectarán en maior ou menor medida a todas as mulleres.
Falamos de como diminiuir ou compensar eses síntomas: cambios na alimentación, deporte -prestando especial atención ao exercicio de forza-, terapia hormonal, complementos.


