Celebramos o Día Internacional do Xogo Infantil, 11 de xuño. Unha data que subliña a importancia do xogo como unha ferramenta clave para o desenvolvemento, a creatividade e a aprendizaxe das nenas e nenos. Neste día tan especial, temos o pracer de conversar con Alexandra Touza, fundadora de Ponle Cara al Turismo, quen vén de lanzar tres libros para colorear dedicados á economía azul, as mulleres do mar e os barcos de Vigo. Estas obras non só invitan aos máis pequenos a mergullarse na maxia de colorear, senón que tamén lles achegan, dun xeito lúdico e educativo, o valor do mar, a sustentabilidade e as profesións mariñeiras. Que mellor forma de celebrar este día que descubrindo como o xogo pode espertar a curiosidade e o respecto polo noso rico patrimonio marítimo?

O libro A Economía Azul para Nenos introduce aos pequenos a importancia de coidar o mar e de utilizar os seus recursos de maneira responsable, promovendo prácticas como a pesca sostible ou o turismo consciente. É unha forma de ensinarlles a “facerse amigos” do océano, aproveitando os seus tesouros sen comprometer a súa saúde. A través destes libros para colorear, os nenos e nenas poden explorar as paisaxes da costa galega con debuxos que representan mariscadoras, patroas de barcos, científicas, conserveiras, peixeiras, mulleres elaborando colares de cunchas, mergulladoras, redeiras ou percebeiras, todas elas traballando con utensilios típicos do mar. Estes libros non son só un pasatempo divertido, senón tamén unha oportunidade para que os pequenos aprendan de forma creativa mentres dan vida a cada debuxo coas súas cores.
Póndense mercar a través de Amazón nesta ligazón: A economía azul, As mulleres do mar, Os barcos de Vigo.
