No espazo #cousasdehoxe falamos nesta ocasión do teléfono cando se conmemoran 150 anos dende que o 14 de febreiro de 1876 en Nova York, o empresario británico-escocés Alexander Graham Bell e o inventor estadounidense Elisha Gray solicitan a patente sobre a súa invención do teléfono.
Malia que finalmente se lle concedeu esta patente a Bell, o seu verdadeiro inventor foi o italiano Antonio Meucci, quen non puidera patentar o seu “teletrófono” inventado no 1854 por carecer dos cartos suficientes para realizar este trámite.
Manuel Álvarez cóntano esta historia.


