Nunha sociedade interconectada, aparece a necesidade de desconectar por unha cuestión case de saúde física e mental. Unha xornada que ten o seu propio día. O primeiro venres de marzo. O obxectivo é fomentar un equilibrio saudable entre a tecnoloxía e a vida cotiá.
Desta data e das implicacións dunha sociedade cada vez máis conectada falamos con Manuel Álvarez Moreira no espazo #cousasdehoxe.


