A que foi a gran icona da música popular galega faleceu prematuramente o 24 de setembro de 2010 cando contaba con tan só 68 anos. Deixaba atrás unha intensa carreira musical cargada de temas populares que apareceron en máis de trinta discos. A súa popularidade tamén se viu acrecentada como presentadora da TVG e como actriz. A súa música era coñecida en toda Galicia pero tamén en boa parte de América onde foi todo un referente para a emigración.
Hoxe Ana Kiro é a protagonista do espazo Cousas de hoxe con Manuel Álvarez Moreira


