Nunha nova entrega da sección Carreira de Fondo acompáñanos Lucas Pellicer Ruibal ou @madebylupe en instagram, exalumno do ciclo de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño en Gráfica Publicitaria da escola de deseño Aula D. Nesta conversa afondamos na súa experiencia formativa para coñecer de primeira man os retos, aprendizaxes e oportunidades que ofrece esta especialidade, así como o seu impacto no desenvolvemento creativo e profesional do alumnado.
Aula D é un centro autorizado de ensinanzas artísticas profesionais especializado en deseño e comunicación visual. Con sede en Vigo, ofrece unha formación creativa e práctica centrada nas necesidades reais do sector, combinando ensinanza técnica, proxectos multidisciplinares e prácticas en empresas para preparar ao alumnado para os retos do mundo profesional e artístico.