Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carreira de Fondo: Nerea García – Oposicións para Educación Infantil

Nunha nova entrega de Carreira de Fondo, hoxe conversamos con Nerea García.

Nerea comparte o seu camiño académico con especial atención ao proceso de oposicións para Educación Infantil, un traxecto cheo de decisión valentes. Despois de rematar o Bacharelato, Nerea optou por non presentarse á Selectividade, decidida a entrar de cheo no ciclo formativo de Educación Infantil sen rodeos. Aínda que a súa nota media era baixa e non a colleron no centro de Chapela, esa porta pechada abriulle outra: acabou no Colexio Lar, onde non só iniciou o ciclo superior senón que tamén coñeceu a Natalia, unha amizade que aínda perdura.

Durante aqueles anos, Nerea non parou: no primeiro verán sacouse o curso de monitora, e iso foi o inicio dunha serie de pequenos traballos que lle permitiron compaxinar estudos e gañar cartos sen perder o foco. Estivo no comedor escolar, despois en actividades extraescolares e agora mesmo nun autobús, “traballos modestos pero perfectos para non desconectar”, como ela mesma di con sorriso.

Esa base sólida trouxo froitos: grazas á excelente media que sacou no ciclo, puido acceder á carreira de Educación Infantil na UVigo en Pontevedra sen ter que refacer a Selectividade para subir nota. Alí escolleu a mención en Música –aínda que, como lamenta entre risas, “a de Infantil non serve de moito para as oposicións”–, un toque persoal que enriqueceu a súa formación.

E agora, o gran reto: as oposicións para Infantil. Vai polo terceiro exame, cunha dose de nervios e moita esperanza –”é importante atopar unha boa academia”, como explica na entrevista. Un camiño diferente e que pode servir de exemplo para moitos e moitas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp