Hoxe, en Carreira de Fondo de Radio Redondela, contamos coa presenza telefónica de Laura Acunha, graduada en Dereito e con máster en Avogacía pola Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da UVigo. Nesta entrevista, Laura comparte a súa traxectoria académica e profesional, as decisións que foron moldeando o seu camiño e as leccións que descubriu ao longo do proceso. Ademais, falamos sobre o síndrome da impostora, ese sentimento de inseguridade que moitas veces nos fai dubidar das nosas capacidades, e como enfrontalo con valentía. Laura tamén reflexiona sobre a importancia de probar, intentar e non ter medo a equivocarse, destacando que cambiar de rumbo non é un fracaso, senón unha oportunidade para crecer e atopar o noso verdadeiro lugar.

Cousas de hoxe: Os “Ninjas”
No calendario atopamos conmemoracións do máis curiosas. No espazo “Cousas de hoxe” botamos man das máis sorprendentes como a que se celebra o 5 de decembro “O día do Ninja”

