Nunha nova entrega de Carreira de Fondo, conversamos con Enrique Amoedo Alonso, recén graduado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. O seu TFG, Deseño e formulación de nanocápsulas poliméricas de protamina e curcumina para a enfermidade inflamatoria intestinal, destaca pola súa innovación e compromiso coa investigación aplicada. Alén das aulas, participou nun congreso do seu centro, expuxo o seu traballo nunha conferencia en liña para unha universidade húngara e presentou un panel no Porto, Portugal, sempre coa vista posta nun futuro doutoramento. Non perdas a entrevista para desmontar prexuízos sobre esta carreira!
