Nova entrega de Carreira de fondo | Nesta ocasión conversamos con Alba López, graduada en Bioloxía e especializada en investigación biomédica pola USC. Actualmente está a realizar o seu doutoramento en Endocrinoloxía e conta xa con varios artigos científicos publicados.
Nesta entrevista falamos sobre os seus estudos, afondamos na súa traxectoria investigadora e coñecemos de primeira man a súa perspectiva sobre como vivir a etapa universitaria con inquedanza, sen medo e con moita curiosidade.
Alba tamén nos achega consellos valiosos para estudantes que están a piques de comezar ou seguir formándose no ámbito científico. Entre os seus traballos destaca un artigo sobre como determinados fármacos aprobados para tratar a diabetes tipo 2 afectan a células implicadas en enfermidades hepáticas.
Adxuntamos un dos seus artigos publicados para quen queira saber máis!
