Esta veciña do Viso amósanos que a idade non ten que ser un hándicap á hora de embarcarse en novos proxecto. Ela decidiu dar o paso ao mundo do emprendemento no 2021 con 57 años. Malia que houbo quen a tachou de “tola” tres anos despois continúa coa súa marca Avoa Makika, coa venda de marmeladas e salsas todas elas elaboradas con produtos de tempada e kilómetro 0. Recoñece que o camiño non é doado pero confía en seguir medrando. Falamos de todo isto no espazo As mulleres contan… percorrendo camiño, unha sección en colaboración coa Concellería de Igualdade.

Cousas de hoxe: Os “Ninjas”
No calendario atopamos conmemoracións do máis curiosas. No espazo “Cousas de hoxe” botamos man das máis sorprendentes como a que se celebra o 5 de decembro “O día do Ninja”

